domingo, 23 de enero de 2022

DÍA DA ESCRITURA A MAN

 Esta semana celebramos o día da escritura a man.

Primeiro visualizamos nas diferentes aulas a seguinte presentación para aproximarnos un pouco á temática.

Despois xa nos puxemos mans a obra, comezamos polos trazos básicos e fomos avanzando ata xa a escritura de alfabetos variados e incluso de palabras sen modelos! Adicámoslle un ratiño cada día ao longo da semana. 



As e os maiores do cole fixeron ademais un proxecto final no que plasmaron diversas localizacións de Fene e escribiron os seus nomes.
Esta foi unha iniciativa nova neste curso escolar pero que seguro manteremos no tempo debido ao éxito que tivo entre o alumnado. 


miércoles, 12 de enero de 2022

CONCURSO COREOGRAFÍATE

Un grupiño de nenos e de nenas de 5º de educación primaria presentouse ao I Concurso "Coreografíate" organizado pola AS-PG.

Estiveron traballando arreo para que a coreografía lles saise o mellor posible e poder facer o vídeo para participar no concurso, coa canción "Figa" das Tanxugueiras. Inventaron os pasos, ensaiaron moito... e vestíronse para a ocasión.

Fixérono tan ben que GAÑARON O 2º PREMIO!!

Deixámosvos o vídeo para que o comprobedes vós mesmos e mesmas.




lunes, 3 de enero de 2022

FAMILIAS NO PDI "PINGAS DE CIENCIA" 1º trimestre

 Foron varias as familias que colaboraron con experimentos, charlas ou experiencias no PDI. Acudiron ás aulas de nfantil e amosaron o que prepararon,o seu traballo ou o seu pasatempo para así coñecer partes da ciencia, circuito eléctrico, robots e luz fluorescente.



domingo, 2 de enero de 2022

NADAL CREATIVO

Este Nadal, dende biblioteca creativa propuxemos unha actividade diferente: e elaboración de adornos para a árbore de Nadal utilizando "hama beads", os cales, son uns uns tubiños pequeniños de plástico que se funden coa calor do ferro de pasar.

Traballamos así a atención, a concentración, a motricidade fina a creatividade e, en moitos casos tamén a simetría.

Ollade algúns dos resultados!





viernes, 31 de diciembre de 2021

CRÓNICAS DE CENTIEIRAS. MES DE DECEMBRO

 Xa estamos en decembro, e este mes o programa de radio foi elaborado polo alumnado de 5º e 2º de educación primaria.Visitaron os estudios de radio Fene e  gravaron o último programa do ano.

Se queredes escoitalo, premede na imaxe.




jueves, 23 de diciembre de 2021

CONTACONTOS PRIMARIA no 1º trimestre

 Todos os mércores no ciclo de educación infantil temos sesión de contacontos ,por parte do alumnado de primaria. Case sempre lévanse a cabo no patio na hora de ler.



PDI en Educación infantil(1ª trimestre): A LUZ

 Ao longo do primeiro trimestre, no ciclo de Educación Infantil estivemos inmersos no estudo da luz natural e artificial e o sentido da vista.

Foron múltiples as fontes onde buscamos a información que quixemos coñecer: vídeos, bibliografía da biblioteca escolar, bibliografía aportada polas familias...

Así como diversas as actividades que realizamos sobre:luz polarizada,luz negra, arco da vella ,sombras, lanterna,o día e a noite ,lupa e  visualización de radiografías aportadas polas familias entre outras na mesa de luz e nos cristales.

Levamos a cabo varias asembleas sobre a importancia da protección solar  e varios experimentos  así coma coñecer ao descubridor da bombilla,Thomas Edison e o disco de cores por Isaac Newton.





domingo, 19 de diciembre de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL

 Deixámosvos as propostas de lectura de Nadal elaboradas polo equipo de biblioteca. 

Agardamos vos gusten.

Boas lecturas!

viernes, 10 de diciembre de 2021

CONTOS DE BOCA en 4ºEP: A LENDA DOS "FOGOS FATUOS"

Hoxe, venres 10 de decembro, visitounos Juana, nai de Carmela, de 4º, e de Roque, de 1º .

 Foi unha experiencia moi bonita, apagamos as luces e baixamos as persianas, contounos o que son os "fogos fatuos", ela coñeceunos a través dunha lenda que lle contou a súa tía avoa cando era nena.

Descubrimos como os nomean en diferentes libros e como aparecen en películas. Nunca escoitaramos falar deles, e, ás veces, aparecen nos libros e nas películas para amosar bos camiños, e outras veces para guiar polos malos roteiros.

Tróuxonos libros nos que se fala destes fogos, e visionamos anacos de películas nos que os puidemos ver. E, para rematar, queimou un pouco de alcohol e chegamos a ver coma o lume ía cambiando de cor, o mesmo que sucede con estes fogos!

Agora, cada vez que leamos un libro ou miremos unha película estaremos pendientes de se aparecen ou non.

Gazas Juana por contarnos esa lenda, gustounos moitísimo, agardamos que poidas volver e nos contes outra lenda tan fermosa coma esta!!!









TALLER STEAMM Fundación Abanca DJ MAKEY MAKEY

Dentro do PDI "Pingas de ciencia", o xoves 9 de decembro participamos nun taller STEAMM da Fundación Abanca no cole.

Faláronnos do que era a sinergia, e chegamos a descubrir que a música pode ser representar con cores diferentes.

Programamos tamén, mellor dito iniciámonos na programación, con SCRATCH: escollemos a personaxe e o fondo e, unindo pezas, fumos quen de conseguir que a personaxe de cada grupo poidera moverse e emitira sons.

E convertémonos en "rapeiros e rapeiras"!!! Uns grupos crearon as súas letras dende cero, outros completando poesías de Manuel María. Gravamos os nosos raps no ordenador e, usando unha placa conectada ao ordenador e a unha mesa de DJ de cartolina, as personaxes bailaban ao son das nosas cancións.

Gustounos moito a actividade, algúns de nós estamos pensando en pedirlle aos Reis ou Papa Noel unha placa para poder crear nas nosas casas.






lunes, 6 de diciembre de 2021

CONMEMORAMOS O DÍA DA DIVERSIDADE

 Ao longo de toda esta semana estivemos a realizar diversas actividades para conmemorar o "Día da Diversidade". 

Os contos sempre son os nosos aliados á hora de presentar temáticas, de reflexionar... e nesta ocasión non foi menos, o conto "El libro negro de los colores" foi un dos eixes principais das nosas propostas. 


A partir da lectura do mesmo realizamos unha reflexión e diferentes tarefas de sensibilización-poñendonos no lugar de persoas cegas- e de visibilización- facendo unha exposición-. 

Aproveitando que nos adentramos no braille, tamén compuxemos os nosos nomes empregando este sistema de lectura e escritura.  

Aquí vos deixamos unha pequena mostra.


Tamén realizamos o visionado de diferentes cortos en relación a esta temática, deixámosvos algúns deles. 


E, a maiores, fixemos do noso centro un lugar máis inclusivo elaborando cartelería para cada espazo. Nesta cartelería incluimos os nomes en pictogramas, lingua de signos e braille. 


jueves, 2 de diciembre de 2021

MES DA CIENCIA

 MES DA CIENCIA

O mes de novembro é o mes da ciencia e o PDI do cole deste ano é "Pingas de Ciencia".

Nós, o alumnado de 4ºEP, estamos a investigar e estudar as plantas, e para rematar este mes xogamos cos robots nun panel no que, a través de diferentes definicións relacionadas coas plantas, tiñamos que adiviñar a palabra e relacionala coa foto correspondente.

Darlle as ordes ao robot para guialo da palabra ata a imaxe.

Queredes vernos?








martes, 30 de noviembre de 2021

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Novembro foi o Mes da Ciencia nas Bibliotecas Escolares a para conmemoralo levamos a cabo diversas actividades. 

Por unha banda, ao longo de todo o mes, tivemos  unha exposición de recomencacións lectoras relacionadas con dita temática.


Por outra nos diferentes cursos realizamos actividades de robótica, cada curso aproveitou o ámbito no que se esta especializando dentro do noso proxecto documental integrado: inventos, corpo humano, plantas... foron algunhas das temáticas elixidas.  

Aquí vos deixamos unhas fotos desta actividade. 

Por último, proxectamos diferentes películas e cortos en relación a esta temática: "Descubriendo a los Robinsons" e "Wall-E" foron algunhas delas.