sábado, 31 de octubre de 2020

CONTACONTOS VIRTUAIS

Outra das actividades que comezamos a levar a cabo esta semana tan importante na que celebramos o "Día das bibliotecas escolares" foron os contacontos a través da nosa aula virtual.  Esta lectura de contos no momento lector dos xoves será unha tarefa dos "voluntarios lectores" deste ano. 

Este xoves pasado foron Lúa e Martina as que nos agasallaron con "Corre, corre, cabaciña!"

Moitas grazas!







CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Para celebrar o Día Das Bibliotecas Escolares puxemos a andar as "Mochilas Viaxeiras" este ano con algún cambio para adaptarnos á nova situación: as mochilas sairán os venres e regresaran ao centro os mércores para poder deixalas 48 horas en corentena e evitar riscos. 


Que nada nos impida gozar da lectura! 


lunes, 26 de octubre de 2020

CELEBRAMOS O DÍA DAS ESCRITORAS



O pasado 19 de outubro nas aulas de 1º e 2º para celebrar o Día das Escritoras traballamos sobre Gloria Fuertes. Primeiro limos a súa biografía utilizando o conto "Gloria Fuertes Pequeña & Grande" e  despois  "¿Cómo se dibuja una bruja?" do seu libro Poemas de la Oca Loca. Por último debuxamos unha bruxa tal e como nos mandou o poema.

Aí vos quedan esas fermosas bruxas cos nenos e nenas de fondo recitando o poema. 

jueves, 22 de octubre de 2020

XORNAL O PAPAGAIO

Volve o Papagaio! 

O novo xornal xa está polo cole e a partir da vindeira semana irá viaxando  polas aulas. Cada día só o poderá ler un neno ou nena xa que teremos que deixalo en corentena ata o día seguinte. 

Boa lectura!



lunes, 19 de octubre de 2020

COÑECEMOS O NOSO CORPO

Dentro do noso proxecto documental integrado: EMOTICENTI,  nas aulas de 1º e 2º estamos a crear un "Atlas do Corpo Humano" no que de seguro non faltarán páxinas adicadas ao benestar emocional!

Para coñecer que era iso do "atlas" recorremos á biblioteca onde puidemos atopar varios exemplares que nos serviron de modelos, vimos que tiñan índice, que estaban organizados por apartados e categorías... e estivemos a coller ideas para elaborar o noso propio. 

Polo momento comezamos elaborando a portada así como as primeiras páxinas na que estarán os ósos e os músculos. 




Non perdades a pista porque de seguro que nos queda un libro moi interesante!

A NOSA BOTELLA DA CALMA

Os comezos son difíciles: cambios, medos, angustias, nerviosismo... por iso nas clases de 1º e 2º, estivemos a realizar a nosa "botella da calma" para poder acudir a ela sempre que necesitáramos. 

Primeiro vimos as instrucións en vídeo, despois, fixemos as botellas e por último, unha vez feitas, elaboramos o noso propio texto instrutivo onde escribimos ben clariño e paso a paso todo o que fixemos previamente.  Estas instrucións serán moi útiles xa que lles servirán aos nenos e nenas de infantil para facer as suas!




COMEZAMOS O NOSO PDI!

Este ano máis que nunca, cobra vital importancia manternos sans e sas e é por iso polo que o tema que decidimos traballar no noso Proxecto Documental Integrado é o benestar físico e emocional. 

O primeiro paso foi pensar un título que representara ben as ideas que tiñamos sobre o que nos gustaría afondar, investigar e tratar de experimentar. En cada aula, tras unha votación democrática saiu un título elixido, e con eles realizamos unha pequena enquisa onde os nenos e nenas votaron para elixir o definitivo que foi: EMOTICENTI.


Unha vez elixido o título puxémonos a deseñar unha ilustración acorde con el, ollade algunha desas propostas tan bonitas!





Pronto vos contaremos a sorpresa que temos argallada con estes debuxos!


lunes, 28 de septiembre de 2020

ESTAMOS EN MARCHA!

Ola a todos e a todas!

Aínda que este ano neste primeiro trimestre non poderemos acudir á biblio por ter que utilizar o espazo como comedor, o equipo non para! Dende o comezo de curso estivemos traballando arreo: elaboramos os cuaderniños para utilizar nas mochilas viaxeiras coa máxima seguridade, distribuimos contos, libros e revistas para cada unha das aulas e crear nelas bibliotecas distribuidas e gozar da lectura a pesar do peche, creamos carnés para os novos e novas usuarios e usuarias e elaboramos o noso protocolo para cando a poidamos utilizar.

Aquí o deixamos! 



Estade atentos e atentas porque moi pronto comezamos co noso PDI!


viernes, 25 de septiembre de 2020

EMOTICENTI INFANTIL :FOTOS FAMILIARES E O VALOR EMOCIONAL

Que mellor para sentirse ben ,que ter ben preto a nosa familia aínda que sexa en fotografía? Temos todas as fotos familiares pegadas nun marco na aula  e así de chulo quedou como podedes ver. Ter as fotos das familias así á vista, PROPORCIÓNALLES varios beneficios como tranquilidade e seguridade, podendo velas dentro da aula ocupando un espazo especial ,reforzando máis aínda a importancia da súa familia. Ademáis rememoran momentos felices, cóntanche que era o seu aniversario, que era moi pequeña, estou con papi e mami, este é o meu irmá,contribuíndo a fomentar a identidade persoal e reforzando os lazos familiares. E como non, lles axuda se teñen algún momento difícil na xornada escolar, van alí e tocan a súa foto e síntense mellor. 





domingo, 14 de junio de 2020

CANTO SABES DO CAMIÑO DE SANTIAGO?

Ola a todos e a todas!
Ao longo de todo o curso estivemos aprendendo sobre "O camiño de Santiago", como non puidemos pechar o proxecto como nos gustaría, vos deixamos aquí esta proposta de actividade. 
Realizar o Camiño Inglés en rede! Terás que ir etapa a etapa facendo clic nas cruces vermellas, onde atoparás unhas preguntiñas moi sinxelas sobre aquelas cousas que aprendimos este ano, pero non fagas trampa! Vai por orde, paseniño paseniño ata chegar a Santiago, onde atoparás un premio polo esforzo e o bo traballo realizado.
Moito ánimo! Agardamos que vos guste.

jueves, 11 de junio de 2020

Contamos no recreo

Hoxe  como será o último día de contacontos ata setembro, despedímonos con tres contadores: a Paula de 6º de primaria, que nos conta"Corre corre, cabaciña" de Eva Mejuto e André Letria de OQO editorial.




A Carlos de 5º de primaria, que nos fai un resumo de "Ota quere voar" escrito por Ánxela Loureiro.




E a Hugo de 5º de primaria co"O rei Hugo e o dragón"



Moitas grazas!

jueves, 4 de junio de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS.

No verán temos moito tempo de lecer e que mellor xeito de aproveitalo que mergullándonos na lectura? 
Para iso, deixámosvos un tríptico de recomendacións. 
Agardamos vos guste!


Hoxe vos traemos unha nova edición do xornal "O papagaio" a última ata setembro! 
Agardamos vos guste e gocedes coa lectura!