domingo, 14 de junio de 2020

CANTO SABES DO CAMIÑO DE SANTIAGO?

Ola a todos e a todas!
Ao longo de todo o curso estivemos aprendendo sobre "O camiño de Santiago", como non puidemos pechar o proxecto como nos gustaría, vos deixamos aquí esta proposta de actividade. 
Realizar o Camiño Inglés en rede! Terás que ir etapa a etapa facendo clic nas cruces vermellas, onde atoparás unhas preguntiñas moi sinxelas sobre aquelas cousas que aprendimos este ano, pero non fagas trampa! Vai por orde, paseniño paseniño ata chegar a Santiago, onde atoparás un premio polo esforzo e o bo traballo realizado.
Moito ánimo! Agardamos que vos guste.

jueves, 11 de junio de 2020

Contamos no recreo

Hoxe  como será o último día de contacontos ata setembro, despedímonos con tres contadores: a Paula de 6º de primaria, que nos conta"Corre corre, cabaciña" de Eva Mejuto e André Letria de OQO editorial.




A Carlos de 5º de primaria, que nos fai un resumo de "Ota quere voar" escrito por Ánxela Loureiro.




E a Hugo de 5º de primaria co"O rei Hugo e o dragón"



Moitas grazas!

jueves, 4 de junio de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS.

No verán temos moito tempo de lecer e que mellor xeito de aproveitalo que mergullándonos na lectura? 
Para iso, deixámosvos un tríptico de recomendacións. 
Agardamos vos guste!


Hoxe vos traemos unha nova edición do xornal "O papagaio" a última ata setembro! 
Agardamos vos guste e gocedes coa lectura!  

Contamos no recreo

Hoxe acompáñanos Álvaro co conto "Os ourizos cachos e o gran río gris" de Rosa Aneiros.

E Lara, que nos conta " O porco e o elefante" de Xosé Neira Vilas.



Moitas grazas rapaces!

lunes, 1 de junio de 2020

Revistas para todas as idades

Bo día.
Esta semana deixámosvos unhas revistas para que olledes:  de "Reportero Doc", de "Caracola" e  de "Leo Leo" da editorial Bayard.
Disfrutade da lectura!


PARA OS NENOS E AS NENAS DE 9 A 11 ANOS



PARA OS NENOS E AS NENAS DE 4 A 6 ANOS


PARA OS NENOS E AS NENAS DE 7 A 9 ANOS




miércoles, 27 de mayo de 2020

Contamos no recreo

Hoxe retomamos a actividade que tanto nos gustaba de contacontos que realizaba o alumnado de 6º os xoves nos recreos.  Desta vez, tamén se animou o alumnado de 5º que xa se está preparando para o curso que vén.
Non poderán anunciar os contos por megafonía nin repartir as invitacións polas clases, pero si os poderemos ver e escoitar.
Hoxe acompáñanos Edgar que nos trae o conto de  "Iriña bailarina", conto escrito pola nosa mestra  Paloma Rodriguez a quen tanto queremos e botamos de menos, e por Cristina Justo.
Agardamos que vos guste e recordade que para o próximo xoves temos outra cita!


lunes, 25 de mayo de 2020

domingo, 24 de mayo de 2020

Andel de contos

Como hai tempo que non podedes coller contos na biblio. A editorial Pintar-Pintar déixavos un estante cheo deles para que olledes ou leades os que queirades.


domingo, 17 de mayo de 2020

PENSAMENTO COMPUTACIONAL

Neste ano no que nos iniciamos en PLAMBE estamos a aprender de moitas bibliotecas con anos de experiencia na innovación. Unha delas é a biblioteca do CEIP Canosa-Rus da que collimos a súa idea de aproveitar esta cuarentena para repasar un pouquiño linguaxe computacional e programación en taboleiro. Aquí vos deixamos uns retos moi moi sinxeliños relacionados tamén co noso PDI: O camiño de Santiago. Agardamos que vos gusten!


viernes, 15 de mayo de 2020

FELIZ DÍA FAMILIAS!

Bo día familias, co gallo do "Día Internacional das Familias" non queríamos desaproveitar esta oportunidade de adicar unha pequena entradiña para vós. Primeiro de todo para agradecer que sexades os aliados perfectos nesta complicada tarefa de educar e tamén para ofrecervos unha proposta de actividade elaborada polo equipo de biblioteca para realizar estes días cos nenos e nenas na casa.
Facendo clic na imaxe teredes acceso á mesma.
Agardamos vos guste e vos sexa de utilidade. 
Que disfrutedes moito deste día!




miércoles, 13 de mayo de 2020

BIBLIOTECA CREATIVA

Un dos nosos propósitos é converter a biblioteca nun espazo creativo onde os nenos e nenas poidan experimentar, investigar e descubrir tratando de fomentar deste xeito o traballo das competencias STEAM (Science, Technology, Engineering, Arts, and Maths). 
Por isto, queremos propoñervos unha serie de actividades para facer na casa e que teñen como finalidade o traballo de diferentes aspectos relacionados coa ciencia. As propostas están baseadas no traballo realizado polo equipo "Laboratorio STEAM na casa".
Facendo clic nas diferentes imaxes atoparedes a información necesaria e vídeos explicativos para poder realizar os experimentos.
Animádevos?
Se o facedes enviádenos unha foto ou un vídeo ao noso correo: bibliocenti@gmail.com
Apertas a todos e a todas.




domingo, 10 de mayo de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Na nosa biblio non queremos pasar por alto esta semana tan importante, a das Letras Galegas, e por iso queremos deixarvos como recomendación de lectura "As pitas baixo a choiva" de Ricardo Carvalho Calero, autor ao que se se lle adica este ano a conmemoración
Se clicades na imaxe accederedes a lectura do libro publicado por Edicións Émbora.
Que gocedes coa lectura!