Chegou o mes de Novembro e comezamos co primeiro programa de radio deste ano.
Se ainda non o escoitaches, so tes que premer no enlace que vos deixamos a continuación.
Chegou o mes de Novembro e comezamos co primeiro programa de radio deste ano.
Se ainda non o escoitaches, so tes que premer no enlace que vos deixamos a continuación.
Comezamos as nosas visitas semanais á biblioteca do centro con novidades, xa que agora podemos explorar todos os libros que queiramos na zona de prelectores; tamén empregamos xogos novos e recordamos moitos outros dos cursos pasados, desfrutamo do recando musical e tamén o recanto fedelleiro que tanto nos gusta.
Ao longo do mes de outubro as nenas e nenos de 4º de educación infanitil, fomos a coñecer a biblioteca. Este é un espazo moi relevante do noso centro, pois é onde levamos a cabo miles de actividades, onde podemos coller contos para ler na casa e na clase, onde explorar novos xogos, música e moitas máis cousas coas que desfrutar.
Neste primeiro trimestre aínda non imos levar libros para a casa, pero si que estamos escollendo algúns para a clase, aprendendon a colocalos, como tratalos, coñecendo as normas da biblioteca, explorando as posibilidades deste espazo e aprendendo a movernos por el.
Agardamos pasar moitos momentos especiais aquí.
O alumnado de 5º e de 6º de educación primaria continúa a realizar lecturas compartidas co resto dos nenos e das nenas do cole. Este mércores foi o primeiro encontro cos seus padriños e madriñas, e as lecturas foron moi terroríficas, ambientando a celebración por todo o alto que tivemos en Centieiras do Samaín e do Magosto. Pódese pedir máis?
Onte, día 24 de outubro, festexamos no noso cole o Día das bibliotecas Escolares.
Para este día tan especial, fixemos unha gran exposición de libros polos corredores do cole, os libros favoritos de todos os nenos e as nenas, que contiñan unha breve explicación de por que lles gustaban tanto.
E como non, sairon as tan agardadas mochilas viaxeiras, cargadiñas de libros, revistas e ata un xornal.
Deixámosvos unha mostra do que pasou onte en Centieiras.
Clicade no enlace : DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O pasado venres inauguramos o noso proxecto de centro que este curso versará sobre a arte. Non se nos ocorreu mellor xeito de facelo que valorando o noso: o Perla Mural Fest.
Para isto realizamos unha andaina polos diferentes murais que adornan as rúas da nosa localidade.
Fixemos unha primeira parada no Charanguista Andino, logo nos atopamos a Anf10n, mural do recén galardonado Sfhir e por último, chegamos ao terceiro Mural da 2º edición do festival: A far l’amore comincia tu! de Leticia Mandragora.
Neste traxecto tamén puidemos observar outros murais da anterior edición, entre eles: O mellor mural do mundo.
E rematamos a andaina na praza da escola, onde nos xuntamos todos os nenos e nenas. Alí estaba para recibirnos Diego Maceiras e facer unha pequena actuación para nós. Tocou varias cancións coñecidas polos nenos e nenas entre as que destacamos a canción de Pedro, moi contextualizada, xa que nesa praza está o Mural adicado a Rafaella Carrá.
Xuntamos así a pintura e a música, artes que este curso terán especial importancia na nosa escola.
Non queremos deixar de dar as grazas a Diego por participar nesta actividade tan fermosa e pola súa disposición este día e sempre.
Cando chegamos ao cole levamos a cabo a nosa tradicional votación para darlle título ao proxecto. O título gañador foi: TRANSFORMARTE con 76 votos.
Comezamos!
Bo día!
Como queda pouco para a chegada do verán, deixámosvos as nosas propostas de lectura.
Agardamos que vos gusten!
Neste mes de maio comezamos a formar ó alumnado de 5º de primaria en Polos Creativos. Esta formación ten como obxectivo facer competente ó alumnado no uso das máquinas que temos na biblioteca, coma son a cricut e a impresora 3D.
Nestas sesións as alumnas e alumnos comprobaron que teñen moitas capacidades e habilidades para empregar de forma autónoma estas máquinas e os programas informáticos necesarios.
Unha vez o alumnado de 5º de primaria remate a súa formación, eles mesmos mentorizarán ó alumnado de 4º de primaria. Con esta mentorización queremos que ó alumnado de 5º poda sentirse competente sobre o aprendido e estableza lazos co alumnado de 4º de primaria.
Estas formaciones rematarán en xuño mais o curso que ven contamos continuar formando a todo o alumnado do centro.
O pasado xoves 9 de maio o alumnado de 1º e 2º recibimos a visita de David Rodríguez, deseñador gráfico, activista político e escritor de contos de adultos e tamén infantís como o de "Superavoa".
David fixo unha pequena homenaxe ao "Hematocrítico" contándonos o seu conto de "Morto de fame" e para rematar interpretou coa súa guitarra unha canción moi pegadiza sobre o propio conto.
O luns o alumnado de 3º de Primaria recibiu a visita de Érica Esmorís para falar do seu libro "Patio de luces".
Érica contounos cal fora a súa inspiración para escribilo e foi nada máis nin nada menos que o edificio no que viviu na súa infancia.
Tamén fixemos un xogo e xa que o conto narra as ideas que lle pasan pola cabeza a Lea cando sae ao patio a observar a roupa dos tendais dos seus veciños, Érica propúxonos ese reto: imaxinar a partir de fotografías de tendais como sería a vida dos seus donos. Foi moi divertido!
Grazas Érica polo trato e por esta sesión tan dinámica e divertida.
Ao longo de este mes de abril as mestras Ana e Carmen levaron a cabo diferentes obradoiros nos que ensinaron ás nenas e nenos dos diferentes cursos a tecer. Ademais fabricaron uns pequenos teares con cartón para que cada nena e neno constrúa o seu propio pousavasos.