Durante o mes de xaneiro desfrutamos na aula de 5º de educación infantil do marabilloso contido da maleta de sostibilidade que crearon para nós dende o equipo de biblioteca. Nela atopamos moitísima información sobre o PDI que estamos a desenvolver durante este curso; encantáronnos tanto os libros informativos coma os contos e aprendimos moitísimo con eles.
viernes, 2 de febrero de 2024
jueves, 1 de febrero de 2024
XANEIRO: Mes do lettering
Dende fai uns anos, xaneiro consolídase como mes da escritura a man. Nalgunhas sesións do plan lector ao longo de este mes realízanse diferentes propostas: iniciación e práctica de trazos, creación de lemas e frases... Dependendo do interese e das habilidades de cada un. Traballamos concentración, destrezas motrices, perseverencia, coordinación...
LECTURA DIXITAL E-ELBE.2
Desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares ponse á disposición do alumnado a plataforma Bega Elbe-2 para ler libros en formato dixital gratuita. Todo o alumnado de educación infantil e primaria poderá acceder á plataforma, usando o seu identificador e contrasinal persoal facilitado a través de abalar.
Trátase de que coñezades que existe este recurso por se queredes dispoñer del no móbil, tablet ou ordenador. Puidéndoo usar online ou tamén descargando a app E-Elbe.2 nos dispositivos que se queira usar.
O enlace online á plataforma é: https://bega-elbe2.edu.xunta.es/
martes, 30 de enero de 2024
TECENDO POLA PAZ. DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ
Para conmemorar este día estivemos traballando nas semanas previas o libro "El hilo invisible" de Miriam Tirado con ilustracións de Marta Moreno, para comprender que todos e todas as que formamos parte desta escola estamos unidas por un fío invisible.
Tras a lectura levamos a cabo unha dinámica de cohesión chamada "Adiviñas, versos e refráns" coa que fixemos parellas para falar sobre a historia deste conto.
Finalmente as nenas e nenos trouxeron un anaco de fío, que tamén os une á súa casa e á súa familia, e os atamos para unificar a toda a comunidade educativa pasando polo noso embigo, como pasa no conto.
Desta forma demos nome a esta actividade, tecendo pola paz, que é o obxectivo que perseguimos para colaborar e traballar xuntas e xuntos.
jueves, 21 de diciembre de 2023
RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL
Deixámosvos unhas propostas de lectura para este Nadal.
Agardamos sexan do voso interese e que gocedes con elas.
jueves, 30 de noviembre de 2023
lunes, 27 de noviembre de 2023
DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
Os días 24 e 27 de novembro realizamos actividades para conmemorar o Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller.
Como vimos facendo dende hai uns anos colaboramos coa FANPA Ferrolterra en diversas actividades, nesta ocasión participamos nas V Xornadas escolares de Ferrolterra pola eliminación da violencia de xénero, baixo o título: "O SOS silencioso"
Tamén participamos na 11ª andaina contra a violencia de xénero dentro da campaña "Camiño ao respecto" impulsada pola Xunta de Galicia.
Nesta conmemoración, como en moitas das que facemos no centro, a ANPA colaborou facendo decoración para a mesma.
![]() |
jueves, 23 de noviembre de 2023
VISITAMOS A LONXA DE FERROL
Este martes fomos de visita á lonxa da Cofraría de Pescadres de Ferrol, no porto de Curuxeiras. Alí aprendemos un montón de cousas relacionadas co medio mariño e coa pesca: algunhas formas de pesca, o funcionamento da lonxa, a limpeza das capturas, a súa conservación e coñecimos especies que non viramos antes como as esponxas de mar.
Pasámolo moi ben e aprendemos un pouco máis para continuar no camiño da concienciación sobre a importancia da limpeza e a conservación dos nosos mares e da vida que habita neles.
Moitas grazas ao persoal da Cofraría por acollernos e contarnos tantas cousas.
miércoles, 22 de noviembre de 2023
CRÓNICAS DE CENTIEIRAS
O pasado xoves , día 30 de novembro, o alumnado de 5º de educación infantil, e de 2º e 5º de educación primaria acudíu a Radio Fene a gravar o primeiro programa de radio do curso de "Crónicas de Centieiras".
Nesta edición o alumnado de 5º fai un percorrido por todas as actividades que realizamos na escola dende setembro, os nenos e nenas de 2º recitan unha recompilación de ditos e adiviñas de outono e por último o alumnado de 5º de EI cantan o "Rap do Magosto".
Si premedes AQUÍ, poderedes escoitar o programa ao completo!
Agardamos vos guste!
martes, 14 de noviembre de 2023
XOGAMOS COAS FAMILIAS DE 5º E 6º
Hoxe pola mañá desfrutamos dunha nova xornada de xogos coas familias voluntarias do alumnado de 5º e 6º, que quixeron colaborar e compartir con nós un anaco ben divertido.
Este curso comezamos en 5º e 6º cos grupos interactivos, unha forma de organización da aula que une aprendizaxe e convivencia. Os grupos interactivos caracterízanse por multiplicar e diversificar as interaccións que teñen lugar na aula e por ser un tipo de organización inclusora do alumnado, na que se conta coa axuda de máis persoas adultas que dinamizan as actividades de aprendizaxe, ademais das mestras dos grupos-clase.
Por outra banda, nestas actividades empregamos tamén a metodoloxía ABX (Aprendizaxe Baseada en Xogos), que consiste no emprego dos xogos de mesa como recurso ou ferramenta educativa para facilitar o proceso de ensino-aprendizaxe.
O xogo é unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento global do ser humano, especialmente desde a infancia, e os xogos de mesa supoñen un xeito atractivo e divertido de achegar o alumnado á adquisición e afianzamento das competencias e dos contidos curriculares. Trátase dunha metodoloxía activa que ofrece unha experiencia educativa significativa, acorde ás necesidades do alumnado e que ten en conta os seus intereses e motivacións.
Polo de agora, con esta segunda xornada de xogos coas familias podemos asegurar que se trata de todo un éxito, tanto para os rapaces e rapazas, que xa están desexando repetir e avalían a actividade de forma moi positiva, para as mestras, posto que vemos ao alumnado e ás familias participar e desfrutar xuntos e para as familias, que ademais das valoracións que nos fan de xeito oral, déixannos tamén reflexións por escrito tan fermosas coma as seguintes:
Rebeca: Divertido. Competitividad sana. Muchas risas. Un gusto compatirlo, como siempre.
Mari: Gracias por invitarme a esta jornada tan divertida, se me pasó el tiempo volando. Si tengo que hacer una valoración a los/as alumnos/as sería muy positiva porque todos/as respetaron las normas, no tuvieron conflictos y fueron muy divertidos/as. Si pudiera, estaría de vuelta mañana. ¡Gracias!
Moitas grazas a vós, Rebeca, Mari, Marta, Juana e Cora, foi un pracer contar con vós para esta actividade.
lunes, 6 de noviembre de 2023
CONTOS DE BOCA EN PRIMARIA
Onte o alumnado de educación primaria inaugurou a actividade de " Contos de boca"; primeira convidada foi Juana, a mamá de Roque, que veu contar dúas lendas moi fermosas que nos impresionaron moito.
A primeira lenda foi a da creación da Torre de Hércules: "Hércules consegue vencer ao rei Xerión decapitándoo, enterra a súa cabeza e manda construír unha torre nese mesmo lugar para conmemorar e recordar a súa victoria".
Por iso o escudo de A Coruña ten unha Torre de Hércules cunha caveira debaixo....
A segunda lenda foi a da Serea das Mirandas:" Din que nas illa Mirandas vive, dende hai moitos moitos anos, unha serea que adoita moverse pola ría de Ares, e que ás veces aparécese para facer ben, ou para facer mal.
Tede coidado cando vaiades á praia das Mirandas.....andade con ollo !
Lembrade que as lendas son lendas, pero que teñen a súa parte de verdade.
Grazas Juana !! Foi moi divertido, así que esperamos que volvas cando queiras !













.jpg)
