jueves, 1 de diciembre de 2022
MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
martes, 8 de noviembre de 2022
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O pasado 24 de outubro celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. Para conmemorar este día o alumnado de sexto de educación primaria serigrafiou unhas bolsas de tea cun anagrama creado por eles e elas para recadar fondos para a excursión de fin de primaria. Nestas bolsas ían libros adaptados ás diferentes idades, libros que saíron despois de facer un expurgo na biblioteca do centro.
Aproveitamos tamén ese día para dar saída ás mochilas viaxeiras en cada curso.
martes, 18 de octubre de 2022
INAUGURACIÓN DO PDI "A MAXIA DO XOGO"
O pasado venres 14 de outubro pasámolo xenial, inauguramos o PDI deste curso cunha xincana de xogos do máis variada: xogos de mesa, xogos tradicionais, xogos de realidade virtual, xogos xigantes... Todos eles preprados tanto para grandes coma para pequenos...
miércoles, 5 de octubre de 2022
OS MÉRCORES CONTAMOS
Este ano as nenas e os nenos de 4º, 5º e 6º de educación primaria queren continuar coas lecturas compartidas. Os mércores na hora de ler, de forma quincenal, agardan os máis pequenos/as do cole nas súas aulas con moita impaciencia para saber quen virá a súa clase e que conto descubrirán.
martes, 4 de octubre de 2022
ELECCIÓN DO TÍTULO DO PDI CURSO 2022-2023
Onte, na hora de ler fixemos a votación para escoller o título para o PDI que imos desenvolver este curso e que xira arredor do xogo... Tiñamos catro títulos: "A que xogamos?", "A maxia do xogo", "Ségueme o xogo" e "Tócache a ti!"...
VISITA Á EXPOSICIÓN "CAN DE PALLEIRO" E BIBLIOTECA MUNICIPAL
sábado, 1 de octubre de 2022
MALETA CREATIVA
Este ano decidimos facer a nosa "Maleta Creativa" e así dispoñer dela ao longo de todo o curso. Fixemos unha para Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria, e outra para 3º, 4º, 5º e 6º. Sairá neste mes de outubro e permanecerá un mes enteiro en cada clase.
Agardamos que vos guste!
lunes, 26 de septiembre de 2022
LECTURAS PARA AS FAMILIAS
domingo, 29 de mayo de 2022
RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN
Achegámonos ás vacacións de verán, e que mellor maneira de gozar das vacacións que lendo un bo conto?
Aquí deixámosvos as nosas propostas.
domingo, 22 de mayo de 2022
VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL E AO MUSEO DO HUMOR
A pasada semana, o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º fomos a visitar O Museo do Humor, onde se atopa a nosa Biblioteca Municipal.
Foi unha xornada moi divertida e con diversas actividades.
Por unha banda Carolina, a bibliotecaria de Fene,
contounos como estaban organizados os libros, que tiñamos que facer si queríamos
ser socios e socias da biblioteca… e un montón de cousas máis!
Tamén tiña organizado para nós
unha búsqueda do tesouro! Fomos descubrindo pistas ata chegar a el! Un lote de
libros para cada aula!
Moitas moitas grazas Carolina pola implicación e a paciencia!
Por outra parte, tamén alí nos
esperaba Almudena, a que nos fixo unha
visita guiada a exposición que está actualmente no Museo do Humor. Esta é sobre
Xaquín Marín un pintor fenés. Encantounos ver os diferentes personaxes!
CONTOS DE BOCA EN EDUCACIÓN PRIMARIA
Poñemos fin a unha das actividades que tanto nos gustou e que, por fin, puidemos recuperar este ano: contos de boca.
En Educación Primaria foi os venres o día elixido para que as familias voluntarias viñeran ás aulas a compartir con nós un ratiño de lectura e de gozo.
Juana, Mariana, Sonia... e todos e todas os que viñestes algún venres -moi esperado sempre polos nenos e nenas- . Grazas pola implicación!
IMPRESORA 3D
Sendo este o noso segundo ano de biblioteca creativa, recibimos orzamento para mercar unha impresora 3D.
Para coñecer o seu funcionamento, as profes recibimos unha formación dentro dunha das liñas de formación de profesorado que ten o centro, concretamente a relacionada con biblioteca creativa. Nesa tarde, Reyes, falounos de filamentos, de bobinas, de mantemento, de aplicacións didácticas... Aprendimos un montón!
Logo disto, foi a profe Iria a que levou todo isto á práctica co alumnado de Arts&Crafts dos niveis superiores do centro. Deseñaron e crearon chaveiros, portalapis... Unha auténtica experiencia que só acaba de comezar.



.png)











.png)







