domingo, 22 de mayo de 2022

MES DO LIBRO

Este mes de abril conmemoramos o "Mes do libro" a través de diferentes actividades. 

Por unha banda, organizamos obradoiros de escritura creativa partindo das ideas de "El cuadernito de escritura creativa" de El Hematocrítico e do "Laboratorio Portátil de Escritura" de Díaz Reguera, as cales adaptamos aos diferentes niveis. 

Isto fixémolo cunha dobre finalidade, traballar a imaxinación e a escritura, por suposto, mais tamén darlles modelos ao alumnado para poder crear o noso cuaderniño de escritura creativa elaborado con aportacións dos diferentes niveis e que pasaría a formar parte dos nosos fondos da biblioteca, dentro de aqueles de elaboración propia. 

Aquí tedes o resultado!

 

Por outra, cada neno e cada nena escolleu o seu conto preferido, reflexionou sobre os motivos polos que lle gusta tanto e plasmouno nunha plantilla proporcionada polas mestras. Con todos estes títulos fixemos unha pequena exposición no patio cuberto. 

Quedou así de vistosa! 


Tamén, aproveitamos este mes para volver sacar ao patio os carriños con lecturas para que os nenos e nenas que quixeran puideran coller un conto no momento de lecer. 




domingo, 15 de mayo de 2022

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano para conmemorar o "Día das Letras Galegas" e coñecer máis en profundidade ao autor homenaxeado, Florencio Manuel Delgado Gurriarán, levamos a cabo diversas actividades. 

Por unha banda, as propostas do Seminario Galán, este ano as propostas interactivas foron un verdadeiro éxito!

Por outra, en colaboración do equipo de dinamización da lingua galega realizaronse diversos taboleiros de robótica adaptados aos diferentes niveis tanto de Educación Infantil como de Educación Primaria. Xunto con eses taboleiros  realizaronse uns trípticos con información complementaria e necesaria para poder resolver os retos robóticos propostos. 




miércoles, 11 de mayo de 2022

LECTURA E FAMILIAS: ESCRITURA CREATIVA

 Dentro do programa de innovación "Lectura e Familias" o pasado venres levouse a cabo un taller de escritura na biblioteca do centro. 

Este taller foi impartido por Antonio Fraga, o cal propuxo diferentes actividades para gozar da escritura en familia: creación de finais fantásticos e elaboración de historias tendo en conta diferentes consignas foron algunhas delas. Os nenos e nenas acompañados e acompañadas das familias deixaron voar a imaxinación dando lugar a historias moi divertidas!

domingo, 8 de mayo de 2022

SEMANA DAS MATEMÁTICAS ESCOLARES

Este 12 de Maio conmemoramos no centro o "Día das Matemáticas Escolares" para iso ao longo da semana levamos a cabo diferentes retos matemáticos como os que podedes ver na seguinte presentación, esta adicada a 1º e 2º.

 
A maiores, o mesmo día 12, nas titorías levamos a cabo obradoiros rotatorios de xogos matemáticos cos que practicamos diferentes contidos: cálculo mental, multiplicación, orientación espacial, lóxica... Foron un verdadeiro éxito!

sábado, 7 de mayo de 2022

VISITA EVA MEJUTO

O pasado xoves o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria recibimos a visita de Eva Mejuto.
Ela contounos moitísimas cousas! Traballou moitos anos nunha editorial e por iso nos falou das partes que compoñían un libro así como dos diferentes tipos de libros que existían en función do material da súa portada, da contraportada... 
Por suposto, tamén tratamos o conto "Dez gatiñas viaxeiras" e isto foi o que sen dúbida máis nos gustou xa que soubemos que estaba inspirado en gatiños e gatiñas reais das que nos ensinou fotografías! Foi unha visita moi emocionante que rematou coa firma dos exemplares dos nenos e nenas. 

lunes, 18 de abril de 2022

PDI: AUGA

Neste segundo trimestre en 1º de Educación Primaria afondamos na auga, ese ben tan importante e imprescindible nas nosas vidas: estados, composición, propiedades, ciclo... Aprendemos moitísimo vocabulario e moitos novos conceptos!

Como auténticos científicos e científicas fomos anotando todo a aprendido e todo o resultado das nosas indagacións no noso caderno de campo. 

Ademais foi tamén unha boa oportunidade para o traballo das medidas de capacidade sempre a través da experimentación.


Como non podía ser doutra maneira como en cada un dos nosos pequenos proxectos contamos coa colaboración das familias, neste caso foi Sonia a que nos trouxo un experimento con xeo que nos encantou! 



martes, 12 de abril de 2022

CONTACONTOS PARA INFANTIL DE PRIMARIA :2º trimestre

 Neste segundo trimestre ,tamén tivemos os contacontos semanais de todos os mércores ,na hora de ler no patio. Xa forma parte da rutina do alumnado que escoiten un conto dos seus iguais aínda que un pouco maiores. Contos como Pinocho, Cocorico, A casa máis gande do mundo....están presentes no exterior do cole e son moi desexados polos grupos de infantil.



PDI no ciclo Educación Infantil (2º trimestre): AIRE OU VENTO?

  Ao longo do segundo trimestre, no ciclo de Educación Infantil estivemos estudando os segredos do aire, aire ou vento? e o aparello respiratorio .

 Buscamos  información que quixemos coñecer:diferenza entre aire e vento, propiedades como a temperatura, volumen e forza,enerxía eólica,vídeos, bibliografía da biblioteca escolar,material e maquetas  aportadas polas familias...

Realizamos diversas  actividades como: uso do secador para producir aire quente ou frío, ventilador, fuelles, abanos, cometas, parapente,realización dun molinillo,rocket ballon, manga de vento,..Dentro do corpo humano a elaboración das partes do aparello respiratorio con plastilina , temática que inspirounos para o disfrace de entroido.Outras actividades foron aexhibición de voo de avións,perfumar o aire,creación de circuitos para mover pelotas de ping pong con abanos...





RECOMENDACIÓN LECTORA 5º EDUCACIÓN INFANTIL

 Eire quere compartir este libro" SOPA DE ARCOIRIS"ed.Piccolini, porque lle parece máxico, colorido e divertido,un conto para ensinar a importancia dunha alimentación sana.

Seguro que voa gustará!



domingo, 10 de abril de 2022

MALETAS VIAXEIRAS

Este ano volvemos solicitar diferentes maletas viaxeiras. A maleta de ciencias, a inclusiva e a de banda deseñada foron algunhas das que recibimos no centro.

Sempre son un verdadeiro éxito nas titorías e unha fonte de motivación de gozo e de divertimento. Para o ano repetimos!


viernes, 8 de abril de 2022

FAMILIAS de infantil no PDI DE" CIENCIA":2º trimestre

 No segundo trimestre tamén tivemos participación por parte das familias no PDI de centro.Unha nai ensinounos parte do seu traballo de podoloxía ,facendo plantillas  e por outra banda un pai trouxo o seu parapente de profesión e abriuno e explicounos como se tira do mesmo e as normas de seguridade que temos que ter.



jueves, 7 de abril de 2022

PDI:Pezas musicais de vento

 Hoxe en educación infantil contamos coa presenza de talentos musicais como Diego Maceiras, Manuel Primoy, Héctor,Juanjo e Jose Angel nunha sesión musical con instrumentos todos de vento como a gaita, flauta, harmónica, didgeridoo, saxofón e acordeón, como motivo de querer coñecelos dentro do noso PDI dos segredos do aire.



lunes, 4 de abril de 2022

OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA

Ao longo desta semana o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º realizou un obradoiro de escritura creativa da man de Antonio Fraga.

Nel traballamos o conto. Primeiramente falamos un pouquiño da súa estrutura e logo xa nos puxemos mans a obra coa nosa creación. Para que fora máis divertido, Antonio empregou diversas estratexias: con 3º e 4º os dados conta historias e con 1º e 2º unha bolsa misteriosa da que os nenos e nenas sacaron obxectos variados que tiñan que ir incluindo no conto conseguindo así unha mestura moi moi tola!

Unha vez feito o conto puxéronlle título e por último debuxaron a portada!


Foi un obradoiro moi entretido!