O día 24 de outubro conmemorouse o Día das Bibliotecas Escolares, co lema "Bibliotecas escolares, da información ao coñecemento".
O corazón dunha escola é a biblioteca xa que por ela pasan todos os nenos e nenas, sendo unha fonte de coñecemento e tamén de lecer.
Durante esa semana o alumnado atopou unhas caixas misteriosas que debían descubrir! Cada curso destapou unha caixa e encontrou un tesouro da artesanía: zocos de madeira, teas bordadas, cestas de vimbio, pendentes de prata ou instrumentos musicais.
Cada grupo investigou sobre eses obxectos e compartirá con todos os nenos e nenas datos tan curiosos como o tipo de artesanía, o material que se emprega para realizala ou as ferramentas empregadas.
Palabras como marroquinería ou curiosidades como empregar un antigo ferro de pasar con carbón están xurdindo neste proceso de investigación que, como ben di o lema deste curso, nos levará a pasar da información ao coñecemento artesán.













No hay comentarios:
Publicar un comentario