O alumnado de 3º e
4º de primaria estivo a ler recentemente os libros da autora María Canosa “Escola
de bruxas” e “Muriel. Caos no laboratorio lácteo”. Onte tivemos a sorte de
recibir a súa visita na biblioteca do centro, onde os nenos e nenas puideron
facerlle unha entrevista para coñecela a ela e o seu traballo, e descubrir
algúns segredos das súas historias.
Durante o encontro,
tamén lle entregaron un agasallo moi especial: un libro de recensións e varios
debuxos feitos por eles e elas. Finalmente, María asinou os exemplares dos seus
libros, facendo deste momento un fermoso recordo para todo o alumnado.
Queremos agradecerlle a María o seu cariño e proximidade,
e todas as cousas interesantes que compartiu con nós, transmitindo o valor da
lectura e do noso, e alentando a seguir descubrindo o marabilloso mundo dos
libros. Agardamos poder seguir compartindo con ela máis encontros, e axiña terá
novas dos rapaces e rapazas na súa caixa de correo 😉