Como cada ano no noso cole despedimos o trimestre
e festexamos o Nadal coa colaboración e a participación de toda a comunidade
educativa en varias actividades. Para quentar motores, fixemos unha andaina San
Silvestre toda a escola, engalanados cos mellores complementos de Nadal. Logo,
despedimos o ano recreando as badaladas e cantando todos xuntos a panxoliña
“Folerpas de paz”. A continuación recibimos a Papá Noel para pedirlle en persoa
todos os bos desexos e agasallos, e por último, visitamos o mercadiño de Nadal
que preparou e organizou o noso alumnado de 6º de Primaria para recadar fondos
para a súa excursión de fin de curso.
MOITAS GRAZAS á AMPA, ás familias voluntarias e ao profesorado do
centro pola implicación e o esforzo para facelo posible. Pasámolo xenial! Boas
festas e feliz 2026!

