Arrincan as Crónicas de Centieiras neste mes de novembro con moitas novas. Hoxe nolo conta o alumnado de 5º e de 1º de educación primaria.
Desfrutade do programa!!
Arrincan as Crónicas de Centieiras neste mes de novembro con moitas novas. Hoxe nolo conta o alumnado de 5º e de 1º de educación primaria.
Desfrutade do programa!!
O pasado 25 de novembro conmemoramos o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.
En Centieiras somos conscientes da necesidade de facer fincapé nun día tan importante, xa que as mulleres seguimos a sufrir esta violencia explícita ou implícita no noso día a día.Por este motivo, e seguindo os obxectivos marcados dentro do plan de igualdade do centro, o equipo de biblioteca xunto co equipo de EDNL e toda a comunidade educativa, participamos na realización de diversas actividades ao longo deste mesmo día pero preparadas durante os días previos á conmemoración.
Coma vimos facendo desde hai uns anos participamos nas actividades propostas pola FANPA, que este ano estaban dirixidas ao coñecemento dos MICROMACHISMOS.Proporcionáronnos un tríptico explicativo e un megáfono para poder expresar a nosa repulsa contra este tipo de violencia.
Desde o equipo de biblioteca seleccionamos diferentes curtas e vídeos nos que o alumnado podía ver exemplos claros de micromachismos para poder identificalos e intentar erradicalos, que foron traballados nas diferentes titorías; tamén realizamos diferentes carteis para expoñer algúns exemplos de micromachismos.
Para pechar esta xornada, tivemos unha nova edición de Lecturas Compartidas na que o alumnado lector seleccionou libros da nosa biblioteca relacionados coa temática do 25N e a igualdade de xénero.
Tamén tocaron
unha canción dedicada á nosa mestra Ana, que ese día se despediu da escola.
Feliz xubilación, Ana, botarémoste de menos!
Foi unha xornada
moi divertida na que compartimos, risas, xogos, castañas, chocolate e música
galega para conmemorar algunhas das máis importantes tradicións da nosa terra.
Que máis se pode pedir?!
Só nos queda agradecer a colaboración e o esforzo de todas as persoas que o fan posible: ANPA, familias voluntarias e profesorado do centro. Sen a vosa axuda non sería posible, así que GRAZAS!
Para celebrar que novembro é o mes da ciencia en galego, e en liña co noso PDI “Paseando por Fene”, propoñemos na nosa biblioteca varias actividades nas que os nosos nenos e nenas aplicaron e compartiron coñecementos científicos: roteiro por Fene co panel de robótica, visitas virtuais coas gafas VR, obradoiro de chapas e proposta de investigación sobre a flotabilidade.