Celebramos o Día das Bibliotecas por todo o alto no noso cole!
martes, 28 de octubre de 2025
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
jueves, 23 de octubre de 2025
VISITA A NAVANTIA FENE
O pasado venres
17 de outubro, todo o alumnado e profesorado do CEIP Centieiras realizamos unha
saída moi especial: visitamos as instalacións de Navantia Fene, unha das
empresas máis importantes e emblemáticas do noso concello.
Esta visita foi
moito máis ca unha excursión: marcou o inicio do noso Proxecto Documental
Integrado “Paseando por Fene”, co que queremos descubrir, aprender e poñer en
valor o noso entorno máis próximo. E non poderiamos comezar mellor ca en
Navantia, unha empresa coa que Fene se identifica e da que nos sentimos moi
orgullosas e orgullosos.
A xornada comezou
cunha presentación informativa, na que o persoal de Navantia nos explicou o
funcionamento dos distintos departamentos, os proxectos en marcha e,
especialmente, o proceso de construción das “jackets”, unhas enormes estruturas
destinadas á instalación de parques eólicos mariños.
Despois, subimos
a un autobús que nos levou por todo o recinto, e así puidemos coñecer de
primeira man o tamaño, a complexidade e a historia deste espazo industrial tan
significativo para Fene. Durante a visita ás instalacións de Navantia, o
alumnado quedou especialmente impresionado coas dimensións xigantescas do
guindastre do pórtico. Ao situarse ao seu carón, o contraste resultaba
abraiador: as súas proporcións facían que as rapazas e rapaces se sentisen minúsculos,
como formiguiñas nun espazo pensado para traballos de enorme envergadura. Este
impacto visual axudoulles a tomar conciencia da magnitude do traballo que se
realiza en Navantia e da complexidade da construción.
Tamén visitamos o
museo da empresa, onde aprendemos máis sobre a súa traxectoria e a importancia
que tivo na vida económica e social da comarca.
Moito do alumnado
alí presente quedou tan fascinado que saíu da experiencia con ganas de formar
parte deste mundo de Navantia e, no futuro, traballar nesta empresa como o
fixeron os seus familiares.
Grazas ao
departamento de visitas e eventos de Navantia Fene pola súa atención,
amabilidade e pola excelente preparación e organización da visita.
jueves, 2 de octubre de 2025
ESCOLLA DO NOME DO NOSO PDI
Como cada ano, no noso centro levamos a cabo un PDI que parte dende a biblioteca. Este curso leva como tema principal Fene para achegar e coñecer máis en profundidade a nosa contorna. Despois de facer chuvias de ideas e indagar sobre os coñecementos do noso alumnado ao respecto, pedímoslle a súa colaboración para atopar un nome ocorrente e orixinal para este proxecto, vivenciando unha votación para escoller entre tod@s o mellor
.



