martes, 30 de noviembre de 2021

DESPEDIMOS O MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Como punto e final deste mes tan intenso, o luns 29 o alumnado de EI, 1º, 2º, E 3º, tivo unha visita moi especial, nada máis e nada menos que uns representantes do Comité de Investigación Marisqueiras sobre Sentidoloxía Corporal (CIMSC)!

Todo comezou o venres 26, cando unha sorpresa chegou a cada clase... unhas caixiñas misteriosas que nos propoñían o reto de colaborar co Comité de Investigación para facerlles chegar aos peixiños do mar coñecementos sobre os sentidos, xa que eles non podían sair á superficie! 

Por suposto, os nosos nenos e nenas quixeron colaborar e así foi como o luns nos puxemos mans a obra. 


O luns, organizáronse tres obradoiros adaptados por idades, un obradoiro sobre a vista, outro sobre o oído e o tacto e outro sobre o gusto e olfacto.

Para o obradoiro de oído tacto levamos a cabo propostas musicais con auga e froita utilizando o Makey-Makey. 

Para o obradoiro do gusto o alfacto, realizarmos diversas actividades como "memoris" de olores ou a creación de fragancias.

Para o obradoiro da vista realizamos o noso propio circulo cromático, pintamos na escuridade... 


Sen dúbida foi unha experiencia marabillosa e non podemos estar máis que agradecidos a Laura, Alejandra, Alba, Paula, Ángel, Laura, Rocío, Antía, Ana, Lydia, Fani, Paula, Daniel e a todos e todas os que fixeron posible esta actividade, grazas polo seu esforzo, compromiso e implicación. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario