sábado, 30 de noviembre de 2024

25N



O pasado 25 de novembro celebramos en colaboración coa FAMPA unha actividade para conmemorar o día internacional contra a violencia de xénero. Este ano a actividade estivo dirixida a tratar o ACOSO NA RÚA. A proposta consistíu en reproducir a iniciativa CHALK BACK, que consiste en escribir con xiz exemplos do que pensan que é o acoso na rúa como reflexión para intentar erradicalo.

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 Este mes de novembro,  adicamos a nosa biblioteca á ciencia.  Mantivemos as diferentes propostas todo o mes, para que o alumnado puidera desfrutar delas tanto nas horas semanais que acoden á biblioteca, coma nos recreos: experimentos, gafas de realidade virtual, debuxos para ver en realidade aumentada... e todo iso relacionado co PDI deste ano: Transformarte.

Podedes ver unha mostra do que alí se experimentou:




Paralelamente a isto, nas clases de música, mergulláronse nos sons a través de diversos programas onde poder experimentar coa música:



viernes, 29 de noviembre de 2024

COMEZAMOS COS PROGRAMAS DE RADIO!

 Chegou o mes de Novembro e comezamos co primeiro programa de radio deste ano.

Se ainda non o escoitaches,  so tes que premer no enlace que vos deixamos a continuación.

PROGRAMA DE NOVEMBRO



jueves, 28 de noviembre de 2024

LECTURAS COMPARTIDAS DE NOVEMBRO

Este mes de novembro continuamos coas tan desexadas lecturas compartidas. E como xa se coñecían os  padriños/madriñas e amadriñados/apadriñados, a actividade resultou moi doada.
Mirade que agustiño se lles ve:



miércoles, 20 de noviembre de 2024

NOVAS EXPERIENCIAS NA BIBLIOTECA, 6º EDUCACIÓN INFANTIL

 Comezamos as nosas visitas semanais á biblioteca do centro con novidades, xa que agora podemos explorar todos os libros que queiramos na zona de prelectores; tamén empregamos xogos novos e recordamos moitos outros dos cursos pasados, desfrutamo do recando musical e tamén o recanto fedelleiro que tanto nos gusta.



PRIMEIRAS VISITAS Á BIBLIOTECA, 5º EDUCACIÓN INFANTIL

O alumnado de 5º de educación infantil comezou a visitar a biblioteca e a facer o empréstito do conto.

Na biblioteca teñen moitos recursos de aprendizaxe coma contos, xogos, música, pintura creativa, xogos de mesa,et...

Todos os martes visitaremos a biblioteca para desfrutala con actitude tranquila e respectuosa, tanto do espazo como dos libros e materiais para crear e consolidar hábitos lectores.







COÑECENDO A BIBLIOTECA, 4º EDUCACIÓN INFANTIL

 

Ao longo do mes de outubro as nenas e nenos de 4º de educación infanitil, fomos a coñecer a biblioteca. Este é un espazo moi relevante do noso centro, pois é onde levamos a cabo miles de actividades, onde podemos coller contos para ler na casa e na clase, onde explorar novos xogos, música e moitas máis cousas coas que desfrutar.

Neste primeiro trimestre aínda non imos levar libros para a casa, pero si que estamos escollendo algúns para a clase, aprendendon a colocalos, como tratalos, coñecendo as normas da biblioteca, explorando as posibilidades deste espazo e aprendendo a movernos por el.

Agardamos pasar moitos momentos especiais aquí.