O alumnado de 5º e de 6º de educación primaria continúa a realizar lecturas compartidas co resto dos nenos e das nenas do cole. Este mércores foi o primeiro encontro cos seus padriños e madriñas, e as lecturas foron moi terroríficas, ambientando a celebración por todo o alto que tivemos en Centieiras do Samaín e do Magosto. Pódese pedir máis?
jueves, 31 de octubre de 2024
viernes, 25 de octubre de 2024
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Onte, día 24 de outubro, festexamos no noso cole o Día das bibliotecas Escolares.
Para este día tan especial, fixemos unha gran exposición de libros polos corredores do cole, os libros favoritos de todos os nenos e as nenas, que contiñan unha breve explicación de por que lles gustaban tanto.
E como non, sairon as tan agardadas mochilas viaxeiras, cargadiñas de libros, revistas e ata un xornal.
Deixámosvos unha mostra do que pasou onte en Centieiras.
Clicade no enlace : DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
viernes, 4 de octubre de 2024
INAUGURACIÓN DO PDI
O pasado venres inauguramos o noso proxecto de centro que este curso versará sobre a arte. Non se nos ocorreu mellor xeito de facelo que valorando o noso: o Perla Mural Fest.
Para isto realizamos unha andaina polos diferentes murais que adornan as rúas da nosa localidade.
Fixemos unha primeira parada no Charanguista Andino, logo nos atopamos a Anf10n, mural do recén galardonado Sfhir e por último, chegamos ao terceiro Mural da 2º edición do festival: A far l’amore comincia tu! de Leticia Mandragora.
Neste traxecto tamén puidemos observar outros murais da anterior edición, entre eles: O mellor mural do mundo.
E rematamos a andaina na praza da escola, onde nos xuntamos todos os nenos e nenas. Alí estaba para recibirnos Diego Maceiras e facer unha pequena actuación para nós. Tocou varias cancións coñecidas polos nenos e nenas entre as que destacamos a canción de Pedro, moi contextualizada, xa que nesa praza está o Mural adicado a Rafaella Carrá.
Xuntamos así a pintura e a música, artes que este curso terán especial importancia na nosa escola.
Non queremos deixar de dar as grazas a Diego por participar nesta actividade tan fermosa e pola súa disposición este día e sempre.
Cando chegamos ao cole levamos a cabo a nosa tradicional votación para darlle título ao proxecto. O título gañador foi: TRANSFORMARTE con 76 votos.
Comezamos!