jueves, 30 de mayo de 2024

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

 Bo día!

Como queda pouco para a chegada do verán, deixámosvos as nosas propostas de lectura.

Agardamos que vos gusten!





viernes, 24 de mayo de 2024

Formación do alumnado de 5º de primaria en Polos Creativos

 Neste mes de maio comezamos a formar ó alumnado de 5º de primaria en Polos Creativos. Esta formación ten como obxectivo facer competente ó alumnado no uso das máquinas que temos na biblioteca, coma son a cricut e a impresora 3D. 

Nestas sesións as alumnas e alumnos comprobaron que teñen moitas capacidades e habilidades para empregar de forma autónoma estas máquinas e os programas informáticos necesarios.




Unha vez o alumnado de 5º de primaria remate a súa formación, eles mesmos mentorizarán ó alumnado de 4º de primaria. Con esta mentorización queremos que ó alumnado de 5º poda sentirse competente sobre o aprendido e estableza lazos co alumnado de 4º de primaria.

Estas formaciones rematarán en xuño mais o curso que ven contamos continuar formando a todo o alumnado do centro.







domingo, 19 de mayo de 2024

CONTACONTOS: Morto de fame

 O pasado xoves 9 de maio o alumnado de 1º e 2º recibimos a visita de David Rodríguez, deseñador gráfico, activista político e escritor de contos de adultos e tamén infantís como o de "Superavoa". 

David fixo unha pequena homenaxe ao "Hematocrítico" contándonos o seu conto de "Morto de fame" e para rematar interpretou coa súa guitarra unha canción moi pegadiza sobre o propio conto. 



lunes, 13 de mayo de 2024

Visita de Érica Esmorís

 O luns o alumnado de 3º de Primaria recibiu a visita de Érica Esmorís para falar do seu libro "Patio de luces".

Érica contounos cal fora a súa inspiración para escribilo e foi nada máis nin nada menos que o edificio no que viviu na súa infancia. 

Tamén fixemos un xogo e xa que o conto narra as ideas que lle pasan pola cabeza a Lea cando sae ao patio a observar a roupa dos tendais dos seus veciños, Érica propúxonos ese reto: imaxinar a partir de fotografías de tendais como sería a vida dos seus donos. Foi moi divertido!

Grazas Érica polo trato e por esta sesión tan dinámica e divertida.