jueves, 27 de febrero de 2020
Charla con Evaristo Amado Fernández
![]() |
Entre o 9 e o 13 de marzo celebraremos no colexio a Semana da Prensa. O mércores, día 19, como adianto tivemos a sorte de contar coa presenza na nosa biblioteca de Evaristo Amado Fernández, Coordinador da Fin de Semana na Axencia EFE. Evaristo é natural de Pontedeume, licenciouse en Periodismo na Universidade de Santiago de Compostela e na actualidade traballa en Madrid, o seu traballo na Axencia EFE consiste en redactar, editar e coordinar equipos de periodistas.
A charla foi moi interesante e tivemos oportunidade de facerlle moitas preguntas as cales nos contestou encantado. Explicounos moi ben as diferentes tarefas as que se enfrentan cada día no seu traballo. Preguntámoslle porqué cada hai un atropelo ou accidente no noso pobo non sae en todas as cadeas de televisión ou como podían chegar tan rápido cando pasaba algo nun partido de fútbol. A moitos pareceunos interesante eso de estar acreditado como periodista nos grandes acontecementos deportivos e poder ver todo o que acontecede dende primeira línea.
lunes, 24 de febrero de 2020
Tipoloxía textual: Cartel
Este segundo trimestre, unha das tipoloxías textuais que traballamos na aula de 1º de Educación Primaria foi o cartel.
Primeiro analizamos diferentes tipos de carteis para máis tarde, utilizando un "thinking map", concretamente o "bubble map", extraer todo o que tiñan en común os carteis que observamos e ter máis claro o que obrigatoriamente tiña que ter o noso.
Por último, cada neno e nena da clase realizou o seu para anunciar un acontecemento moi importante: a celebración do entroido!
Na ilustración pódese ver a estreita relación que ten co noso Proxecto Documental Integrado: O camiño de Santiago!
jueves, 20 de febrero de 2020
Visita Yolanda Castaño.
Hoxe a escritora Yolanda Castaño visitou a nosa biblioteca para falarlles aos nenos e nenas de primeiro e segundo do seu libro "Coller as rendas".
Contounos como comezou a súa andaina na poesía, recitounos algún poema, explicounos os motivos que a levaran a escribir este libro e ademais... firmounos os exemplares!
Pasámolo moi ben e aprendimos moitísimo!
Contounos como comezou a súa andaina na poesía, recitounos algún poema, explicounos os motivos que a levaran a escribir este libro e ademais... firmounos os exemplares!
Pasámolo moi ben e aprendimos moitísimo!
domingo, 16 de febrero de 2020
Os e as artistas de 5º.
Os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria, despois de realizar un pequeno tramo do Camiño de Santiago elaboraron na clase de "Arts&Crafts" réplicas das fotos que sacaron ese día. Ollade que ben lles quedaron! Bo traballo!
jueves, 13 de febrero de 2020
Contamos no recreo
Hoxe foi o turno de Anxo e Adrián. Coma todos o xoves, anunciaron o conto por megafonía e repartiron invitacións por todas as aulas.
Fixérono xenial!
Fixérono xenial!
miércoles, 12 de febrero de 2020
Día internacional da muller e da nena na ciencia.
Para conmemorar o " Día internacional da muller e da nena na ciencia" na clase de 1º lemos a biografía de Marie Curie, no libro "PEQUEÑA & GRANDE MARIE CURIE" para despois ordeala e unir cada acontecemento da súa vida coa imaxe correspondente.
martes, 11 de febrero de 2020
Aprendemos a programar!
Hoxe o alumnado de 3º e 4º asistiron a un curso de programación iniciándose no mundo da robótica. Foi realmente divertido e interesante!
Moitas grazas a Elena, nai de Breogán de 3ºB, que nos impartiu o curso desinteresadamente.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)